Hoxe é Xoves 6 de Febreiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

FITUR coñece as excelencias do Xeodestino Galicia Suroeste

xodestino

O alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero ostenta este ano a representación institucional do xeodestino no que se enmarcan os concellos da ría de Vigo e Baixo Miño entre os que se atopan  Redondela, Pazos, Fornelos e Soutomaior. Nesta edición de Fitur será un dos encargados de narrar os atractivos conxuntos que ofrecen estas localidades coa presentación da campaña “Para lembrar” nun acto que terá lugar este xoves ás 16:50 en Madrid. Unha peza que contará coa música dun virtuoso da trompeta como é Rubén Simeó.

Unha campaña promocional de Galicia Suroeste aposta por destacar as marabillas dun territorio único, onde os recordos perduran no tempo e que son recollidos a través de diferentes imaxes polaroid. Son varias as persoas as que narran a través de imaxes todo o que acolle este destino nunha peza que conta coa participación de Rubén Simeó que interpreta o tema “Quen puidera namorala”.

A presentación contará coa participación de persoas de gran talento que representan o mellor da nosa terra, como músicos de recoñecemento internacional e artesáns que terá lugar este xoves a media tarde onde se darán cita representantes dos 14 concellos do xeodestino.

Luciano Otero salientaba a importancia de ter presenza neste “escaparate” turístico que é Fitur e que servirá para achegar as excelencias duns concellos con grande riqueza natural, paisaxísticas, gastronómica e cultural máis aló do turismo de sol e praia.

No acto de mañá está previsto que participen o alcalde de Pazos, que se estrea neste acto oficia como novo representantes institucional de Galicia Suroeste, e a alcaldesa de Tomiño Sandra González como presidenta do Xeodestino. Estarán acompañados por outros alcaldes, alcaldesas e concelleiros dos catorce municipios que engloba o Xeodestino: A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará