Hoxe é Xoves 6 de Febreiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un proxecto de circo de Xampatito Pato abre o ciclo de teatro infantil de Redondela

xaptito

Un total de catro compañías de teatro pasarán polo Multiúsos da Xunqueira dentro dun ciclo que arranca este domingo 26 de xaneiro as seis da tarde coa obra “Compaña”. O ciclo complétase con “Ándale! Bon appétit!” do grupo Ghazafellos o 23 de febreiro,”Castelao” da compañía Culturactiva o 23 de marzo, e “A teteira de Kabul” de Xarope Tulú o 4 de maio. Todas as representacións serán no auditorio da Xunqueira ás 18.00 horas con entrada a 4 euros.

Xampatito pato é a primeira das compañías que chega a Redondela dentro do VII ciclo de teatro infantil que ofrece a programación cultural do Concello de Redondela. A súa proposta é “Compaña” un proxecto que fusiona o circo co mundo das marionetas, creando imaxes e escenas que transportan ao espectador a un mundo surrealista e onírico.

A seguinte proposta será xa en febreiro coa compañía naronesa Teatro dos Ghazafelhos e o espectáculo “Ándale! Bon appètit”, a historia de tres chefs que amosarán unhas sinxelas receitas de cociña ao público. Unha comedia con explosións, tortazos, persecucións, sustos e malos entendidos.

Baixo a dirección de Fina Calleja chegará en marzo a obra “Castelao” de Cultraactiva. Unha proposta escénica que se achega a unha figura capital da historia de Galicia. A obra presenta un Castelao de 8 anos na súa aldea natal, divertido, feliz, alegre e aventureiro, buscando en todo momento a identificiación coa audiencia.

Pechará o ciclo a obra “A teteira de Kabul” que representará a compañía Xarope Tulú, unha obra de teatro de obxectos e monicreques que fala do valor da paz. A súa protagonista é Mina, unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar a consecuencia da guerra e que, xunto a súa familia, emprende unha longa viaxa na que malia as duras condicións irá descubrindo a beleza grazas ás historias que lle conta a súa nai e que ela garda nun teteira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará