O billar redondelán viviu unha xornada intensa nas instalacións do Sporting Club Casino da Coruña, onde Javier Pérez se proclamou subcampión galego de billar a 3 bandas. O torneo, que contou coa participación de 53 xogadores de 10 clubs diferentes, reuniu a destacados deportistas da modalidade, e Pérez demostrou a súa destreza ao gañar a varios campións galegos, entre eles Jorge Montero e Manuel Suárez, durante a fase eliminatoria.
Na gran final, o noso xogador tivo que enfrontarse ao anfitrión, José M. Manteiga, quen revalidou o título de campión galego tras unha dura e disputada partida. A pesar de non poder lograr a vitoria final, Javier Pérez deixou un exemplo de perseveranza e calidade no xogo.