Hoxe é Xoves 6 de Febreiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A contorna da Casa do Concello de Soutomaior humanizarase coa creación dunha praza

Imagen de WhatsApp 2025-01-21 a las 12.56.08_a1c7f022

Soutomaior levará a cabo a humanización de toda a beirarrúa situada fronte ao edificio municipal, así como o espazo que dá acceso ao salón de plenos desde o exterior que pasará a ser unha praza. Incluiranse elementos e mobiliario urbano, como bancos e árbores, co obxecto de facer máis amable o ámbito e poñan en valor a arquitectura do edificio orixinal. o goberno local prevé que a obra esté rematada antes de final de ano.

O proxecto, que foi redactado polo estudo de Cendón-Vázquez arquitectos, tamén prevé o arranxo do salón de plenos para que se poidan desenvolver nel nas mellores condicións as sesións plenarias e outros actos institucionais como poden ser as vodas civís.

O goberno local traballa agora para conseguir o financiamento necesario para desenvolver este proxecto e agarda comezar co procedemento de licitación nos vindeiros meses, de cara a que antes de rematar 2025 a nova praza xa estea lista para o uso e desfrute dos veciños e veciñas.

Neste sentido, o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “esta actuación encádrase na folla de ruta que estamos seguindo para vertebrar os barrios do noso concello e crear núcleos de centralidade humanizados en cada un deles” e puxo como exemplo os núcleos de centralidade xa construídos na Praza da Aldea, en Arcade de Riba, e na Pedreira que ademais de vertebrar os barrios do concello, tamén poñen en valor o patrimonio urbanístico tradicional do municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará