Hoxe é Xoves 6 de Febreiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alén Nós reclama ao Concello xornadas formativas orientadas ás Comisións de festas e a corrección da toponimia

catapeixes

Foto: Cartel co nome de Catapeixes (na vez de Catapeixe) en Cesantes

O colectivo reunirase o luns con representantes da Concellería de Cultura co obxecto de reclamar cuestións pendentes e “apalabradas “ por parte do goberno local como a corrección do erros toponímicos na sinalectica viaria ou a organización dunhas xornadas orientadas ás comisións e aos centros culturais para darlles unha volta ás celebracións patronais. Lamentan que ambas cuestións, que xa estaban comprometidas para o pasado ano, finalmente non se puxeran en marcha. Reclaman tamén a recuperación da páxina web Monte Penide Prehistórico.

O colectivo Alén Nós volverá demandar ao goberno local que interveña de cara a corrixir as anomalías e incorreccións que presenta a actual sinaléctica municipal. Uns erros que están recollidos nun informe elaborada pola propia asociación e que xa lle foi trasladado ao concello. Unha reclamación que ven de lonxe e que a asociación volverá poñer sobre a mesa na reunión pendente coa Concellería na que se abordarán tamén outras cuestión como as xornadas que se ían realizar o pasado ano co obxecto de que as comisión de festas programen actividades “máis aló da contratación de orquestras”. Andrés Laxe explica que no 2024 non se realizaron por problemas orzamentarios pero confían en que este ano o goberno si cumpra este compromiso

Outra das peticións que trasladarán ao departamento de cultura pasa porque se recupere a páxina web Monte Penide Prehistórico que funcionaba no pasado e que servía para poñer en valor este complexo arqueolóxico considerado como unha das maiores concentracións de soterramentos tumulares do noroeste peninsular. Un xacemento que recentemente foi vítima dun novo atentado cando un particular procedeu a unha tala depositando as árbores cortadas enriba dos túmulos e empregando maquinaria pesada sen ningún tipo de control arqueolóxico.

Finalmente instan a concellería a recuperar e distribuír entre as bandas de música e agrupacións musicais unha partitura creada a finais dos anos 90 co gallo da toma de posesión da finca do Carballo das Cén Pólas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará