O partido nacionalista reclama melloras na seguridade viaria, tanto na estrada EP-2901 na estrada da Teixeira que comunica Redondela con Soutomaior como nas paradas escolares, concretamente no punto no que o autobús recolle alumnado de Reboreda cara o IES Pedro Floriani e que presenta “condicións complicadas de seguridade”. Instan ao Concello a que traslade estas demandas á Deputación.
O edil do BNG, David Couñago denuncia a situación dos semáforos que regulan o tráfico na zona da Teixeira na parroquia redondelá do Viso. Segundo explica os semáforos sitúanse a altura da antiga escola onde se desenvolve unha importante actividade cultural levan tres meses avariados sen que se arranxen, poñendo en risco a seguridade das persoas nunha estrada cun eleva tránsito de vehículos”. Asegura que tres semanas despois de trasladar a situación ao concello “non se nos deu ningún tipo de resposta”.
Outra das demandas trasladadas polos nacionalistas ao goberno local fai fincapé na seguridade viaria nas paradas escolares. Concretamente lamentan que o alumnado de Reboreda que agarda polo autobús para poder ir ata o IES Floriani, “o faga en condicións complicadas debido a elevada velocidade á que circula os vehículo pola zona nun punto que ademais presenta pouca visibilidade”. Por este motivo reclaman que se instalen redutores da velocidade.
A resposta dende o goberno municipal a esta queixa aseguran que “foi desconcertante, pois da a impresión que se queren desvincular deste problema ao non ser unha estrada municipal”.