A gran maioría dos animais, uns 80, foron esterilizados a través do convenio asinado polo concello con CAAN, o Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra, co obxectivo de efectuar un mellor control das colonias felinas.
Neste sentido, a concelleira de Medio Rural, Charo Bouzón, explicou que tras efectuar o traballo de localización, alimentación e xestión veterinaria dos animais, a cargo de fondos propios e coa colaboración de voluntariado veciñal, a xestión e control das colonias felinas axilizouse de gran maneira. Sinalou que “as colonias felinas atopábanse nunha situación preocupante, xa que as súas poboacións estaban aumentando notablemente e volvéndose incontroladas o que podía derivas en ambientais e mesmo sanitarios. Con estas esterilización búscase dar solución e atallar a problemática”.
O goberno local anuncia que seguirán coas esterilizacións e fai un chamamento a que a veciñanza esterilice os seus gatos domésticos naqueles casos nos que aínda non o fixesen, especialmente nas zonas rurais, co obxectivo de que as colonias felinas non crezan aínda máis e lamentan que “coa chegada da primavera aparezan camadas abandonadas preto de contedores de lixo”.