O home foi sorprendido polas propietarias do inmoble cando saía do domicilio. Malia que tentou fuxir foi finalmente localizado polos axentes da Policía Local de Redondela, procedendo a súa detención. Está previsto que ao longo da xornada de hoxe sexa posto a disposición xudicial.
O varón, un vello coñecido da Policía Local, era sorprendido a primeira hora da tarde de onte nunha vivenda no Camiño das Cardosas na parroquia de Cedeira polos propietarios dunha vivenda cando abandonaba o domicilio. Ao verse sorprendido tentou fuxir malia que o increparon e tentaron detelo. Logo de chamar a Policía e facilitar a descrición do individuo, os axentes lograron localizalo preto da zona. Malia que o detido negou ter roubado en ningunha vivenda portaba con el algunhas das xoias subtraídas polo que se procedeu a súa detención.