Hoxe é Xoves 6 de Febreiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria do Redondela e empate do Arealonga

WhatsApp Image 2025-01-20 at 14.08.52

A xornada de fútbol sala deixou emocións fortes para os equipos masculinos de Redondela nas súas respectivas categorías, con empates, unha vitoria axustada e unha dura derrota.

Preferente, Grupo 2: A Quinta de Tui FS 7 – Redondela FS Rodavigo 8
O Redondela FS Rodavigo acadou unha espectacular vitoria nun trepidante encontro ante A Quinta de Tui FS. O resultado final, 7-8, coloca aos redondeláns no segundo posto da clasificación xeral con 39 puntos, moi preto da ansiada zona de ascenso. O próximo domingo recibirán ao Balona Linense FS, un rival necesitado de puntos para saír da parte baixa da táboa.

O partido, marcado pola intensidade e a emoción, enfrontaba ao decimoterceiro clasificado, A Quinta, contra o segundo, o Redondela FS. O encontro comezou de forma accidentada para os visitantes, que sufriron varios despistes defensivos e víronse superados nos primeiros cinco minutos cun contundente 3-0 a favor do equipo local. Un tempo morto solicitado polo Redondela mudou o rumbo do xogo: os visitantes melloraron notablemente e, tras remontar un 4-1 en contra, chegaron ao descanso cun vibrante empate 5-5.

Na segunda metade, os ataques seguiron a brillar sobre as defensas. O Redondela logrou romper o equilibrio mediado este período, colocándose por diante no marcador cun 6-7. A pesar do ritmo frenético e do descontrol en ambas as metades do campo, os redondeláns mostraron maior acerto de cara á portería rival. A súa efectividade, aínda que acompañada de ocasións erradas, permitiulles levar o triunfo cun 7-8 final.

No plano individual, Juan destacou como o xogador máis determinante do Redondela, asinando un hat-trick e liderando o seu equipo con gran actuación. Con esta vitoria, o Redondela mantense no segundo posto, a tan só dous puntos do liderado, actualmente en mans do Vianariño FS.

O próximo sábado, o Redondela FS Rodavigo enfrontarase na casa ao Balona Linense FS, nun duelo crucial para continuar a súa loita polo ascenso.

Goleadores: Juan (7’,  12’ e 19’), Alejandro (11’), Mario (13’ e 34’), Iker (21’) e  Óscar (25’).

Preferente, Grupo 2: Pecheches FS 4 – Arealonga FS 4
O Arealonga FS sumou un punto na súa visita ao Pecheches FS, tamén nun partido cheo de alternativas que terminou cun empate a 4. Este resultado permítelles sumar un punto, sen embargo aínda necesitan anotar algunha vitoria para saír do último posto da clasificación. A próxima xornada reciben ao SD Abetos Gondomar FS.

Goleadores: Hugo (5’ e 31’) e Antón (26’ e 39’),

Preferente, Grupo 2: Campito Chapela FS 3 – Poio Pescamar FS 9
Dura derrota do Campito Chapela FS ante o Poio Pescamar FS. O equipo local non puido facer fronte á superioridade do rival e cae á parte baixa da táboa, preto da zona de descenso. O próximo domingo visitan ao Baiña FS, sexto do grupo.

Goleadores: Ismael (11’), Sergio (13’) e Pedro (38’).

Terceira División Nacional: 5 Coruña 4 – SD Pazos 4
Empate do SD Pazos na súa visita ao 5 Coruña nun partido igualado que rematou 4-4. Con este resultado, o equipo mantense no quinto posto da clasificación con 30 puntos. A próxima xornada recibirán ao Friol, nun duelo importante para consolidar a súa posición.

Goleadores: Jonatan (6’ e 25’) e Jacobo (8’ e 40’),

A próxima xornada será crucial para os equipos de fútbol sala redondeláns, especialmente para o Redondela FS Rodavigo, que loita polo ascenso, e o Campito Chapela FS, que busca escapar dos postos perigosos da clasificación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará