O Centro Cultural de Cedeira, en colaboración co Concello de Redondela, organiza a 35 edición da Festa da Amizade o domingo 11 de agosto a partir das 12:00 horas da mañá coa misa na Igrexa de San Andrés de Cedeira. Á 13:00 horas ofrecerán un servicio de polbeira para todos los asistentes con prezos populares.
Como é habitual, ás 14:00 horas do medio día terá lugar o xantar cun menú que inclúe empanada, churrasco, criollos con cachelos, roscón, pan, viño ou refrescos e café. Os socios están convidados e os particulares que se acheguen poderán degustar o menú a un prezo de 15 euros, mentres que os menores de 12 anos só pagarán 5 euros. Unha vez todo o mundo teña a barriga chea, a partir das 17:00 horas actuará o grupo musical Amigos do Ritmo.
Dende a organización agradecen a colaboración do Concello de Redondela e a Deputación de Pontevedra e confirman que o aforo xa está completo gracias as reservas feitas con antelación a través do Centro Cultural de Cedeira.