A Asociación de Empresarios de Redondela fixo entrega de tres diplomas de recoñecemento aos establecementos dos tres escaparates más votados no Concurso de Escaparates dos Días Azuis.
En total participaron 23 comercios de Redondela: Almenara, As túas cousas, Cacharela, Cal 3 Fotografía, Coco&Colet, Como agua de mayo, Doble L, Donnabella, El Rincón de Patri, Fíos, ISHOP, Koqueta, La Nube, Las Cositas de Rouss, Lisi, Librería Moliere, Mamagallina, MM3, Muebles Álvarez, Os trapiños de Lola, Panadería Vila dos Viaductos, Vichy Telas e Yirandola.
O número de votos rexistrados na páxina web da Asociación de Empresarios de Redodnela foi extremadamente igualado. Os tres primeiros só tiñan unha diferencia dun voto cada un. O ránking dos tres establecementos que rexistraron máis votos foron Doble L (Redondela), con 68 votos; El Rincón de Patri (Redondela), con 67 votos e Las Cositas de Rouss (Chapela), con 66 votos en total.
No acto tamén se fixo entrega da tarxeta regalo dos premios da Campaña do días Azuis a Ignacio Soage Abelleira, que resultou gañador dun premio de 150€ por unha compra realizada en ISHOP. O outro premio de 250€ correspondeulle a Stephy Echeverry por unha compra realizada no establecemento Como agua de mayo.
Esta iniciativa, coordinada pola Federación Galega de Comercio en colaboración coas asociacións locais e a Xunta de Galicia, pretende impulsar a presenza da campaña dos días azuis a través do concurso de decoración comercial non que a clientela puido votar as decoracións realizadas polos comercios participantes que se identifican con hortensias azuis. A clientela pido votar os seus escaparates favoritos do 25 de xuño ao 30 de do mesmo mes e tamén rexistrar as compras que realizaron no comercio local para participar non sorteo de tarxetas agasallo de 250€ e 150€.