Hoxe é Sábado 14 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior pecha con éxito a súa I Semana Grande coa Romería de San Caetano

FOTO BANDA DE MÚSICA NO DÍA DO PATRÓN

O Concello de Soutomaior deu por rematada a celebración da I SEMANA GRANDE de SOUTOMAIOR coa Romaría de San Caetán na Ermida situada no Castelo de Soutomaior. Dende o concello destacan a alta participación nesta festas “necesarias” para Soutomaior. Unhas festas que tal e como confirma o alcalde “chegaron para quedarse”.

En total foron seis días de festa na celebración que deron o seu pistoletazo de saída o 2 de agosto co “chupinazo” e que rematan hoxe coa Romaría de San Caetán, na ermida que leva este mesmo nome situada no Castelo de Soutomaior.

No día grande destas festas, o 6 de agosto Día do Patrón, foron moitos os que se animaron a formar parte da sesión vermú, amenizada polo grupo local Balbuena&Seoane , tamén a participar da procesión do Divino Salvador que organiza a parroquia e da que din que foi unha das máis multitudinarias dos últimos anos, unha cita que contou co acompañamento da Banda Artística de Arcade. Xa pola noite a orquestra CINEMA tamén fixo que centos de persoas se achegasen ao Torreiro da Feira do dez na Candán para gozar da música actual e dos clásicos que non faltaron nesa noite de verbena,

Renderon tributo á música, a gastronomía local e ao comercio. O principal obxectivo, tal e como dixo o alcalde , Manu Lourenzo,  está cumprido que é o de “facer pobo, facer veciñanza e conseguir que as veciñas e veciños de Soutomaior se sintan, se cabe, máis orgullosos dos seu concello”.

Co resultado destas festas Lourenzo anuncia “teño claro que estas festas chegaron para quedarse para sempre, dende o Goberno Local xa estamos traballando na programación do ano que ben tomando nota dos erros e tamén dos acertos desta edición e escoitando a mensaxe que  nos traslada a veciñanza, que na súa maior parte son mostras de agradecemento por recuperar unhas festas de unión e de celebración dun pobo”. 

Para rematar lembrou que con este éxtio de participación e implicación da veciñanza, “estamos ante un momento importante para Soutomaior, o que fixemos do 2 ao 7 de agosto marcará dende este ano a celebración da semana grande para xeracións, os nosos fillos e netos xa senten que o que xa fixemos é unha grande festa que vai a permanecer no tempo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará