Hoxe é Luns 22 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Torneo de esgrima histórica en Redondela

thumbnail_Ropera

Medio cento de esgrimistas daranse cita este sábado no pavillón da Marisma para disputar o VI Torneo de Esgrima Histórica Vila de Redondela. Procedentes de diferentes puntos de España, Galicia e Portugal o torneo desenvolverase dende as   contará con máis de 50 participantes de toda España e Portugal dende as dez da mañá ata as 19:00 horas en tres modalidades: espada medieval, espada Ropera e Espada longa a dúas mans.

O torneo, organizado pola Sala Viguesa de Esgrima en colaboración coa concellaría de Deportes do Concello de Redondela ten medrado ao longo destes anos sumando tanto participantes como público que se achega ao longo do día a gozar dun espectáculo pouco habitual: tres disciplinas principais das Artes Marciais Históricas Europeas, a espada medieval e o escudo broquel, a espada ropera dos séculos XVI e XVII e, xa pola tarde, a espada longa a dúas mans dos cabaleiros de armadura completa, das que nos falaba Damián Troncoso, organizador do evento.

Hai inscritos máis de 50 tiradores de todas partes de España e Portugal para un Torneo que é xa un referente da esgrima histórica a nivel nacional e que puntúa para a liga Galega e os seus resultados clasifican aos participantes para o ranking mundial de HEMA, “polo que esta cita de Redondela é xa un referente da esgrima histórica a nivel nacional”.

O concelleiro de Deportes, Iván Valles, sinala que este torneo “é unha ocasión única para poder gozar de combates medievais e renacentistas desta arte marcial europea, que ofrece un espectáculo moi visual e entretido”. O edil anima a veciñanza a achegarse ao pavillón para presenciar o torneo “porque os que xa coñecen esta modalidade deportiva van asistir a un evento de gran nivel, e os que a vexan por primeira seguro que se van sorprender”.

A Sala Viguesa de Esgrima Antiga, con 16 anos de vida, é todo un referente nacional nas competicións de Esgrima Histórica e os seus deportistas contan con numerosos éxitos nacionais e internacionais. Na súa labor de divulgación colaboran tamén con museos para a recuperación e divulgación das artes marciais europeas, así como na recreación histórica medieval. Troncoso insiste no completo desta modalidade deportiva “apta para todas as idades”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará