Hoxe é Luns 22 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa dos Fachos volve alumear este sábado o Monte da Peneda

Festa-dos-Fachos-01

A romaría dos fachos regresa este sábado 22 ao Monte da Peneda, escenario da XXVII edición dunha celebración que congregará centos de persoas nun espazo emblemático entre os concellos de Redondela e Soutomaior. O ascenso ao monte arrancará ás 23:00 hroas e previamente os asistentes poderán adquirir os fachos a un prazo de 6 euros. A pregoeira deste ano será a antropóloga Lidia Mariño.

A asociación Cultural Alén Nós e a Asociación Veciñal Pozovello volve estar detrás da organización desta celebración tradicional do solsticio de verán. Unha nova edición que mantén o seu percorrido habitual dende a base do monte ata o cumio, onde terá lugar a lectura do pregón, prendérase a fogueira e, por último, será o quenda da queimada acompañada das rosquillas. Bruno Rodríguez dende a organización falábanos desta cita.

A saída está prevista para as 23:30 horas dende o cruce da estrada do Viso coa que leva A Peneda. Os membros da organización estarán cun posto de venda de fachos no lugar dende, aproximadamente, unha hora antes do comezo da marcha. En base a edicións anteriores e confiando en que o tempo acompañe esperan a participación de ó redor de preto dun milleiro de persoas na festa.

O ascenso é de 1.500 metros ata a zona da sobreira da Peneda, a escasos metros do cumio. O percorrido é doado por unha estrada asfaltada. O chegar alí, procedérase a lectura da invocación a cargo da antropóloga Lidia Mariño.

Facho de Ouro

Como novidade desta edición, os organizadores convocarán o Facho de Ouro, un recoñecemento que busca galardoar a aquela persoa ou asociación que se destacaran pola súa defensa da lingua, do patrimonio ou do medio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará