Hoxe é Luns 22 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela solicita á Xunta a reapertura da exposición de Sargadelos na Casa da Torre

sargadeñlos

A mostra integrada por un total de 150 pezas de cerámica de Sargadelos permanece pechada ao público dende o inicio da pandemia. Dende o goberno local instan á Xunta a que se reabra a sala da Casa da Torre na que se instalou esta colección doada ao Concello pro Adriano marques de Magallanes.

A alcaldesa, Digna Rivas, dirixiuse á Xunta de Galicia para solicitar a reapertura ao público da mostra de Sargadelos situada nas dependencias do albergue da Casa da Torre. Nun encontro mantido en Vigo entre a rexedora local e o presidente da Xunta co gallo dunha homenaxe a Adriano Marques de Magallanes, Rivas lembroulle a Alfonso Rueda que esta exposición leva pechada ao público desde o comezo da pandemia, en 2020. A alcaldesa agradece “a boa disposición mostrada por parte do presidente autonómico nesa conversa” e confía en que os trámites se resolvan “o máis rapidamente posible, para que toda a veciñanza de Redondela e os milleiros de peregrinos de pasan pola vila poidan visitar esta importante mostra, con pezas únicas e de gran valor histórico e artístico”.

Desde o ano 2022 o Concello de Redondela solicitou en reiteradas ocasións a prórroga do convenio de cesión das salas onde se expón esta colección, xa que o inmoble é propiedade da Xunta de Galicia.

A colección de cerámica de Sargadelos, con 150 pezas de todas as etapas desta histórica fábrica de louza, foi cedida en 2017 ao Concello polo que fora senador e cónsul xeral da República de Ecuador en Galicia, Marques de Magallanes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará