Hoxe é Domingo 14 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O campus de verán da SAR organiza un mes de actividades multideporte

364644647_754037043397892_7676913736276144334_n

Foto da despedida do Campus de Verán 2023

O Campus de Verán da SAR esténdese este ano do 1 de xullo ao 2 de agosto e está enfocado a nenos e nenas entre 5 e 12 anos. O horario é de 10:00 h á 14:00h para facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares.

Ademais de aprender balonmán da man de monitores especializados no Pavillón da Bomboneira, o campus inclúe actividades variadas na natureza, excursións á praia, xogos multideportivos e visitas sorpresa.  Dende a organización apuntan que “todos os monitores/as son do club, porque temos xente titulada en diferentes cursos, carreiras universitarias e ciclos deportivos”.

O prezo da inscrición varía en función de ser socio ou non do club, con descontos incluídos para aquelas familias que inscriban a irmáns.  Tamén hai opcións de apuntar aos nenos e nenas por semana ou por mes. Unha semana custará 20 euros para os socios e 25 para aqueles que non o sexan, mentres que un mes pode custar 70 ou 80 euros seguindo os mesmos criterios. Ademais, este ano dan opción de coller días soltos a un prezo de 10 euros. O pago pode realizarse na oficina do club ou no número de conta ES63 2080 0526 7730 4000 5512 co nome e apelidos, xogador/a + Campus Verán no concepto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará