Hoxe é Martes 22 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curso de formación sobre coidados en Redondela

curso

A concellería de Maiores e Infancia, organiza un curso de Formación en Voluntariado que se vai impartir nas diferentes parroquias do municipio. A concelleira, Pilar Martínez, explica que este curso está dirixido ás persoas que forman parte do Programa Municipal de Voluntariado, pero tamén aberto “a coidadores e coidadoras de familiares dependentes, ou calquera que queira formar parte do programa de voluntariado”.
Os participantes no curso, que se impartirá en Rande, Cesantes, Quintela, Vilar e Redondela, aprenderán “a comunicarse con persoas con patoloxías severas, realizar mobilizacións a persoas con mobilidade reducida, e tamén actividades físicas e cognitivas recomendables para as persoas que acompañamos”.
O obxectivo deste curso é dotar aos voluntarios e voluntarias dos coñecementos necesarios para a súa labor de acompañamento a maiores e persoas dependentes. “Deste xeito o voluntariado do programa municipal terá os coñecementos necesarios para axudar a persoas maiores ou dependentes e acompañalos para dar un paseo, facer xestións ou realizar compras”, explica Pilar Martínez. A concelleira incide en que esta labor de voluntariado “non trata de substituír en ningún caso o traballo profesional que fan coidadores e coidadoras, senón que está dirixida a prestar apoio aos maiores e ás súas familias”.
O curso, impartido pola fundación Formavigo, é totalmente gratuíto. Máis información e inscricións no enderezo electrónico formacion@fundacionformavigo.com e no teléfono 600 06 01 46.

  • Martes 18 de Xuño, de 16:00 a 18:00h Asociación Deportiva e Cultural de Rande
  • Martes 18 de Xuño, de 18:30 a 20:30h Círculo Cultural e Deportivo de Cesantes
  • Venres 21 de Xuño, de 10:00 a 12:00h Centro Cultural e Recreativo de Quintela
  • Venres 21 de Xuño, de 16:00 a 18:00h Centro Cultural de Vilar de Infesta
  • Venres 21 de Xuño, de 18:30 a 20:30h Multiúsos da Xunqueira de Redondela
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará