Hoxe é Martes 22 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior traballa no control das colonias felinas

foto gatos concello soutomaior en caan 02 (1)

O concello sumouse ao convenio da Deputación para traballar de maneira activa con CAAN e poder así controlar unhas colonias que estaba descontroladas. No que vai de mes foron esterilizados un total de 10 gatos.
O concello de Soutomaior está traballando dende o comezo da lexislatura no control das colonias felinas do concello. Para isto está levando a cabo localización, alimentación, gastos veterinarios con fondos propios, e dende este mes e por primeira vez na historia, tamén se adhire ao convenio con CAAN, o Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación Provincial. De momento, son xa 10 os gatos esterilizados grazas a este convenio.
A concelleira de Medio Rural, Charo Bouzón, considerou unha prioridade entrar neste programade colaboración “xa que as colonias felinas eran un problema que viñan preocupando ás veciñas e veciños dende fai xa anos, xa que vían como aumentaba a poboación e estábase a volver incontrolada”.
Bouzón tamén sinalou que “dende o concello temos un rexistro de colonias e cada semana, hai un novo aviso de colonia, nesta pasada semana tres persoas se puxeron en contacto co concello para avisar de gatos que viven na rúa e non son de ninguén”.
A concelleira tamén fai un chamamento ás veciñas e veciños para que“esterilicen ós seus animais, xa que ó chegar a primavera aparecen camadas abandonadas preto de contedores de lixo, isto ven sucedendo dende fai tempo, é unha situación que entre todas e todos temos que evitar”.
A concelleira agradeceu hoxe o traballo inxente que están a realizando as e os voluntarios no concello de Soutomaior, coa axuda na captura, traslado a CAAN, recollida, transporte e solta dos animais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará