Hoxe é Luns 22 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O campamento de conciliación das Choqueiras no aire ante a falta de instalacións

campamento

Un total de 70 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos de idade quedarán sen campamento no caso de que a curto prazo o club As Choqueiras non atope un lugar no que desenvolver o tradicional campamento de verán que adoitaban organizar durante todo o período vacacional en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Un campamento que arrancaba nada máis rematar as clases e que este ano estaba previsto iniciar o 24 de xuño, Con todo, o espazo habitual que empregan no IES Pedro Floriani este verán non se pode empregar debido a que se atopa en obras. A responsable da Choqueira, Déborah Bouzón, explica que malia trasladar a situación ao concelleiro correspondente non se lle deu ningunha solución. Tamén lamenta que tras presentar por rexistro unha petición para poder facer uso do pavillón da Marisma en ningún momento obtivera resposta por parte do Concello.

A estas alturas continúan buscando unha solución viable que lles permita realizar o campamento co obxecto de “axudar as familias a conciliar durante o período estival e dar aos nenos e nenas un espazo no que entreterse, facer deporte e convivir con outros rapaces e rapazas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará