Hoxe é Luns 22 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local insta aos hostaleiros a presentar as súas reclamacións ante a empresa subministradora

transformador

Foto: Fon Conde

O sector da hostalaría estima que foron ao redor de 50.000 euros as perdas económicas que sufriron debido ao apagón do día 31 de maio ao arder o transformador do Campo da Feira e permanecer sen luz nin subministro eléctrico durante varias horas. Malia a súa intención de manter unha xuntanza co Concello para abordar medidas de axuda e compensación, dende o goberno local lémbranlle que as reclamacións teñen que facelas ante a compañía eléctrica que é que ten competencias no asunto.

Explican dende o goberno local que o Concello ofrece información e asesoramento tanto a particulares como a empresarios afectados polo corte no subministro “para que a veciñanza poida facer as reclamacións que estimen oportunas ante a compañía eléctrica, que é a responsable da subministración de electricidade e a que ten as competencias”. No caso dos hostaleiros, que valoran en 50.000 euros as perdas económicas polo apagón, os técnicos municipais están á súa disposición para asesoralos nas reclamacións que poidan interpoñer ante a empresa subministradora ou as súas entidades aseguradoras.

Novo centro de transformación

Por outra banda o campo da feira contará cun novo centro de transformación a próxima semana. A nova caseta substituirá ao transformador que sufriu o incendio “por causas que aínda non están definidas”. A alcaldesa, Digna Rivas, manterá este venres unha xuntanza con responsables da compañía eléctrica e técnicos municipais na que abordarán esta cuestión e solicitará á empresa “unha revisión de todos os equipos e transformadores do Concello para asegurar que están en boas condicións e garantir que un suceso destas características non se repita”. En todo caso, Rivas valora “a celeridade” coa que se resolveu esta grave incidencia xa que “desde o primeiro minuto puxéronse a traballar todos os medios dispoñibles, tanto para reparar a avaría como para preservar a seguridade das persoas que se atopaban na zona pola celebración da festa da Coca”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará