Hoxe é Luns 22 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior aforra 30.000 euros en electricidade tras renegociar coa empresa e instalar contadores

DSC09754

O gasto no consumo eléctrico de Soutomaior pasa de 120.000 a 80.000 euros grazas a diferentes actuacións orientadas a abaratar a factura ao tempo que se presta un mellor servizo. Unha das medidas foi pasar do modelo do ‘tanto alzado’, unha estimación que se viña empregando ata o de agora para calcular de maneira aproximada o consumo de electricidade, a un modelo de contadores situados en diferentes puntos do concello e que rexistran de maneira máis exacta o consumo real de electricidade, evitando sobrecustos ás arcas municipais.

O concelleiro Pablo Garrido explicou que “co anterior modelo, que levaba anos empregándose, Soutomaior pagaba unha factura desorbitada e moi afastada da realidade polo consumo eléctrico do alumeado público. Agora que o Goberno local decidimos instalar estes contadores, a factura reducirase en máis de 15.000 euros anuais, grazas a que este prezo se axustará ao consumo real de electricidade, e non á estimación realizada co modelo do ‘tanto alzado’”.

Ademais, o noso concello aforrarase entre 15.000 e 20.000 euros máis na factura eléctrica despois de que o Goberno de Soutomaior levase a cabo a renegociación do contrato coa actual subministradora eléctrica, obtendo un moito mellor prezo do que se viña pagando anos atrás por un mellor servizo. O Goberno local tamén traballa en preparar a licitación do subministro eléctrico, co que se espera que o aforro no consumo eléctrico de Soutomaior sexa aínda maior.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará