Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Presentación de “O pintor e a vida moderna. Para lermos o Diario de Castelao”, de Anxo Rabuñal Rey

conversas alén nós 2

O salón de plenos do Concello de Redondela acolle esta tarde ás 20:00 horas a presentación do ensaio de Anxo Rabuñal Rey, no que o autor le e anota o Diario 1921, no que Castelao escribiu as impresións que lle produciu unha viaxe de estudos que realizou por Francia, Bélxica e Alemaña para coñecer as últimas tendencias artísticas en Europa. O acto, organizado pola Asociación Alén Nós contará coa presenza de Sonia Álvarez e o pintor Manuel Figueiras ademais do propio autor.

Enmarcado dentro das “Conversas de Alén Nós” que esta asociación cultural organiza periodicamente, hoxe chega a Redondela o investigador e escritor Anxo Rabuñal Rey para presentar un libro ensaio que leva por título “O pintor e a vida moderna. Para lermos o Diario de Castelao”. Ao longo das páxinas deste texto, Rabuñal tenta desvelar a pegada que a viaxe de Castelao por diferentes países europeos deixou na súa vida e na súa obra.

No acto de presentación o autor estará acompañado do pintor Manuel Figueiras e en representación de Alén Nós Sonia Álvarez.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará