Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle dende hoxe o Campionato do Sector Nacional Cadete Feminino de balonmán

sar cadete

O equipo cadete feminino da Sar exercerá como anfitrión esta fin de semana en Redondela no sector A do Campionato de España, no que hai en xogo unha praza para a fase final. Durante tres días os pavillóns da Bomboneira e A Marisma vivirán unha auténtica festa do balonmán onde non faltarán os sorteos nin a música, cunha actuación o sábado a partir das 22:30 horas de “Chocolate Sexy”.

Dende hoxe e ata o domingo 26 celébranse os sectores nacionais da categoría de cadete, nos que os equipos participantes buscan meterse entre os oito mellores clubs de España para disputar a fase final do Campionato de España.

O Sector A celébrase en Redondela, coa SAR Rodavigo como equipo organizador quen se medirá cos equipos de Sanse (Madrid),  Aceuchal (Estremadura) e Aula Valladolid Bar Eskua (Castela e León). O equipo cadete feminino de Redondela clasificouse para o Campionato de España tras proclamarse Subcampión da Liga Ouro.

Os partidos arrancarán ás 18:30 horas co primeiro encontro na Bomboneira entre o Valladolid e o Sanse. Dúas horas despois sairá á cancha a Sar Rodavigo para enfrontarse ao Aceuchal de Estremadura.

A mañá do sábado estará dedicada aos partidos correspondentes á Final Four da Liga Alevín Ouro e Prata e pola tarde continuarase coa segunda xornada do sector cadete e as finais da Copa Federación.

A xornada chegará ao seu remate cos partidos do domingo, as dez e doce do mediodía.

Durante toda a fin de semana, nos descansos dos partidos haberá sorteos, pintacaras e outras sorpresas. Dende o Club redondelán animan á veciñanza a achegarse aos pavillóns a gozar dunha intensa fin de semana de deporte.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará