Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manifestación en Soutomaior contra os recortes no centro de saúde de Arcade

mani

O BNG da localidade convoca unha nova manifestación este venres 24 de maio ás 20:30 con saída dende o cruce de Pierres ata o centro de saúde, para mostrar o descontento da veciñanza ante a situación sanitaria do concello. Reclaman á  Xunta que dote de máis recursos e persoal as áreas de Pediatría e Medicina de Familia en Soutomaior.

O responsable local do BNG, José Costas, sinalou que o BNG “leva meses a desenvolver unha campaña para esixir á Xunta que dote de máis recursos e persoal as áreas de Pediatría e Medicina de Familia en Soutomaior.” A campaña, que comezou o pasado mes de decembro cunha concentración fronte ao centro de saúde, proseguiu con actos informativos e cunha recollida de sinaturas á que xa se sumaron centos de veciños.

A agrupación nacionalista di que a situación no servizo de pediatría é “especialmente dramática”, porque Soutomaior leva sen contar cun ou cunha pediatra máis de ano e medio. Isto débese a que a Xunta de Galicia decidiu non cubrir a baixa de longa duración da anterior facultativa, o que obriga aos pais e nais a levar aos seus pequenos enfermos a Pontevedra para ser atendidos ou a contratar seguros privados e “ xerando un evidente sesgo con quen non ten os recursos económicos para acceder a estas alternativas”.

A manifestación convocada polo BNG de Soutomaior para este venres 24 de maio ás 20:30h comezará no cruce de Pierres, na Avenida Xosé Solla, e decorrerá ata o centro de saúde de Arcade. Denuncian “os recortes do PP” e esixen á Xunta “que dote de máis persoal sanitario o centro de saúde de Arcade, con especial énfase no servizo de Pediatría”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará