Hoxe é Domingo 16 de Xuño de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O museo Meirande retoma as visitas teatralizadas

visitas teatralizadas

O centro de interpretación da Batalla de Rande, Meirande, retoma esta fin de semana as visitas guiadas teatralizadas. Será o sábado, día 25, cos guías oficiais do museo e a dramatización a cargo do grupo de Teatro ADC Rande. A cita é ás 18.00 horas. As visitas, que se repetirán o 29 de xuño e 28 de setembro, son de balde con reserva previa no teléfono 986 45 88 91 ou no enderezo museomeirande@redondela.gal.

O Centro de Interpretación do Patrimonio Cultural de Rande, o Meirande, ten como misión sensibilizar e concienciar á cidadanía da enorme riqueza non só histórica, senón tamén sociocultural e paisaxística da zona. Estas visitas teatralizadas ofrecen a posibilidade de coñecer este patrimonio dun xeito lúdico, o que as converte nunha alternativa de ocio ideal para público de todas as idades. Co obxecto de promover este coñecemento de xeito periódico organízanse visitas teatralizadas que arrancan este sábado e prolongaranse con novas convocatorias o 29 de xuño e o 28 de setembro, nos dous casos con dobre sesión ás 16.30 e ás 18.00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará