Hoxe é Domingo 16 de Xuño de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

José Tizón non será adestrador do CD Choco na próxima tempada

tizón

Tizón e Virginia Ricón nunha imaxe de arquivo

Tizón non continuará no banco do Choco na vindeira tempada. Así o anunciou a presidenta do club, Virgina Ricón, a través das redes sociais nas que fixo público que logo dun ano ao fronte do equipo, o Club prescinde tanto do actual adestrador de Preferente como do segundo adestrador Serafín Pérez, “Sera”.

A presidenta agradece o “compromiso, traballo e profesionalidade” que tanto Tizón como Sera amosaron ao longo dos 11 meses nos que estiveron dirixindo o equipo de preferente “facendo unha gran labor ao lograr a terceira clasificación na categoría” e afirma que foi moi complicado tomar a decisión de prescindir dos que foran os reponsables do equipo nos últimos tempos.

Dende o propio Club recoñecen que “unha despedida nunca é fácil, e hoxe toca dicir ata pronto aos que foron capitáns deste barco durante once meses. Só temos palabras de agradecemento por esta tempada, polo voso traballo, compromiso e ganas ata o final”.

José Tizón fichara como técnico do equipo senior en xuño do ano pasado para conducilo na categoría de preferente logo de pasar por outros equipos como o Val Miñor, RC Celta (categorías inferiores), Boiro, Alondras e o Atios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará