Hoxe é Luns 20 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Virginia Ricón: “hai posibilidades de que o CD Choco volva a 3ª RFEF”

WhatsApp Image 2024-05-07 at 19.20.47

O CD choco atópase a dous partidos de conseguir o ascenso e voltar a 3ª Federación. Sitúase empatado con Valladares na loita polo segundo posto da táboa xeral, lugar que permite o ascenso directo. Sen embargo, para conseguilo terían que darse varios factores. Por un lado, que os de Tizón gañen nas dúas xornadas que quedan de liga e por outro que o Valladares e o Céltiga empaten ou perdan nas citas que quedan na recta final da tempada.

Unha situación complexa que dende a directiva, a súa presidenta Virgina Ricón, ve con ilusión. Admite que “sería unha milagre, pero a esperanza é o último que se perde”. Cabe sinalar que, agora mesmo, a táboa indica que tanto o Valladares como o CD Choco están empatados a 56 puntos. Con todo, o “gole-avarege” está en favor do rival. A diferenza entre os goles marcados e os recibidos por cada equipo favorece aos vigueses.

O balance da tempada é positivo, a pesar de que comezaron sen intención de chegar ao podio na primeira volta cando estaban movéndose entre o sexto e o quinto posto. Sen embargo, a moral dos xogadores axudou a apuntalar a boa racha que definiu a segunda metade da tempada. A xornada anterior gañaron ao Céltiga, segundos na clasificación con só dous puntos de diferenza co Cocho. Un partido complexo que se resolveu cun gol a favor dos redondeláns no minuto 74. Virginia salienta “o esforzo, a complicidade e a moral dos xugadores como o factor máis importante para que funcionen as cousas no campo”.

O futuro do CD Choco pode definirse en dúas semanas e esperan voltar a unha categoría na que estiveron 6 anos consecutivos. Outro factor importante para a directiva é “a presenza dos xuvenís” que remataron a liga en División de Honra nunha sétima posición a nivel nacional. Uns resultados moi positivos e uns xogadores potentes que queren afianzar de cara ao ano que vén. “A maioría son de Redondela e gustaríanos que quedaran na casa. Nestes momentos son un apoio moi grande para o sénior e moitos deles están en idade de subir de categoría”.

Respírase un ambiente de ilusión, inquedanza e positividade que din “se vai reflexar no campo nas dúas xornadas que quedan”. Animan á veciñanza e a afección a asistir ao partido do próximo domingo 12 de maio en Santa Mariña “para apoiar ao equipo e desfrutara dun bo día que coincide coa celebración da Festa do Choco”. Enfrontaranse ao Moaña, quintos pola cola, e de gañalo estarían a un paso máis do ascenso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará