Hoxe é Luns 20 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe a Durán Clemente, no 50º aniversario da Revolución dos Caraveis

homenaxe apzos 1

Recepción no Concello de Pazos a Durán Clemente polo alcalde, Luciano Otero

O coronel precursor da Revolución dos Cravos que puxo fin a un longo período de ditadura en Portugal, Manuel Durán Clemente, chega a Redondela da man do Colectivo Republicano para participar nunha charla que se desenvolverá este xoves ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira e que contará tamén coa intervención de Manuel Ruíz Robles, portavoz do colectivo de militares democrátivos (Anemoi).

O Concello de Redondela conmemora o 50º aniversario da Revolución dos Caraveis (Revoluçao dos Cravos) cun acto que se celebra este xoves, día 9 de maio. O coronel Manuel Durán Clemente, con ascendencia en Redondela e Pazos de Borbén, recibirá unha homenaxe ás 19.30 horas no auditorio da Xunqueira. Durán Clemente é voceiro do Movemento das Forzas Armadas (MFA), precursor da Revolución dos Caraveis que derrubou a ditadura salazarista vixente durante 48 anos en Portugal.

Markos Lareira, Colectivo Republicano

Durán Clemente será o gran protagonista desta xornada organizada polo Colectivo Republicano de Redondela e a Federación de Ateneos de Galicia xunto co Concello de Redondela. Haberá unha mesa redonda na que participarán Durán Clemente e Manuel Ruíz Robles, ex-membro da Unidade Militar Democrática e voceiro de Militares Democráticos (Anemoi).

Rematada a charla, que pretende ser un acto participativo do público, soará o histórico “Grândola Vila Morena”, canción de Zeca Alfonso escollida polo MFA como sinal do inicio da Revolución dos Caraveis en Portugal. O tema estará interpretado por Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”, Branca Francés, Josiño do Viso, Fon Conde e Berto Covelo.

Previamente, tanto no Concello de Pazos como no de Redondela celebráronse actos de recepción ao Coronel Durán por parte do alcalde de Pazos Luciano Otero e a Alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará