Hoxe é Luns 20 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lenda presenta o programa Alfabetic

WhatsApp Image 2024-05-09 at 11.06.52

Alfabetic ten como obxectivo reducir a fenda dixital entre as persoas con Trastorno Mental Grave usuarias dos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral, Centro Ocupacional e programas da Asociación Lenda. Para a súa implementación investiron en tabletas coas que levan xa un mes traballando e que serven de ferramenta para as actividades da asociación.

Para desenvolver este proxecto dúas Educadoras Sociais formáronse en competencias dixitais a través de un programa da Fundación Atenea E-Impulsarnos para a titorizar e impartir a formación neste ámbito. “Para levar a cabo o proceso solicitamos axuda a Asociación de Empresarios de Redondela quenes prestaron o material necesario para facer a proba piloto”, explica Deborah González.

A iniciativa pretende lograr unha cohesión social garantindo o dereito fundamental das persoas que sofren exclusión social a vivir con dignidade e desempeñar un papel activo na sociedade, para logralo na actualidade é imprescindible adquirir competencias dixitais básicas. O proxecto Alfabetic ten unha parte de investimento para adquisición de tabletas dixitais e formación en competencias dixitais básicas para persoas con trastorno mental grave. “Desta forma, están a disposición ferramentas dixitais para aquelas persoas usuarias da Asociación Lenda que queiran utilizalas nos seus domicilios baixo uns requisitos de préstamo”, engade Déborah.

A competencia dixital en persoas con enfermidade mental é moi escasa pola falta de recursos económicos para facerse con equipamentos tecnolóxicos por parte dos e das pacientes da  Asociación, a falta de accesibilidade os recursos Tics comunitarios e a cero-dixitalización que lles priva do seu uso. Dende Lenda sinalan que “coa pandemia por Covid-19 en 2020 estas problemáticas acrecentáronse”. Durante 3 horas semanais levarán a cabo unha formación en competencias dixitais en pequenos grupos. Así mesmo, o carácter transversal de Alfabetic levará a utilización das tabletas a outras actividades implantadas.

Entre as propostas e demandas dos usuarios de Lenda está a implantación das TIC en proxectos como “A voz de Lenda”, revista que publica o Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral Lenda dende o ano 1999.

Os profesionais da Asociación observan como “a rápida expansión das TIC vai aumentando a exclusión dixital das persoas con trastornos mentais graves e creando unha nova demanda de atención social que pasa por unha alfabetización dixital e informacional crítica que ensine as vantaxes comunicativas, e participativas da internet así como os seus riscos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará