Hoxe é Luns 20 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un cento de veciños cortan a N-550 no Alto dos Valos para reclamar a mellora da EP-2702

corte nespereira

O corte de tráfico protagonizado por un cento de veciños das parroquias de Saxamonde e Nespereira tiña lugar na tarde de onte no Alto dos Valos e afectou a un dos carrís da N-550 o que obrigou a intervir aos axentes da Garda Civil e a Policía nacional para controlar a circulación de vehículos. Unha protesta que supón agravar as mobilizacións, xa que ata o de agora os cortes de tráfico afectaban exclusivamente a estrada provincial. Alex Pérez dende a Plataforma explica que o motivo da protesta, que se vai prolongar en vindeiras semanas busca “facerse escoitar e que o organismo provincial se comprometa, cando menos, a recibirnos porque xa estamos cansos de promesas sen compromisos”.

Insisten en que o convenio remitido dende a Deputación ao Concello “non inclúe prazos, cando levamos anos reclamando esta obra imprescindible”. Critican tamén que a actuación formulada nese convenio supoña o arranxo de tan só 1,5 kilómetros da EP-2902 cando a súa demanda é que se arranxen os oito kilómetros da vía que lembra, é moi empregada tamén polo tráfico pesado que se dirixe cara o Polígono de Amoedo con risco que iso supón.

Os manifestantes lembran que continuarán coas protestas ata que os reciban na Deputación ou arranquen as obras

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará