Hoxe é Luns 20 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa do Choco recupera as visitas á Illa de San Simón

sa nsimón

As persoas que queiran visitar a Illa a un prezo reducido de 5 euros deben retirar as súas entradas no museo Meirande (986 458 891) e na oficina de turismo de Redondela (986 401 713). Durante a fin de semana haberá un total de seis saídas, en horario de mañá e tarde. En caso de esgotarse as prazas a navieira ofertará novas visitas a través da súa páxina web www.crucerosangel.com

Na xonrada do sábado está previsto que un barco parta dende o peirao do museo Meirande ás 12:00 horas. Xa pola tarde as saídas serán dende o porto de Cesantes ás 16:30 h e 17:30 horas.

O domingo mantense no mesmo horario a visita da mañá mentres que se adiantan media horas as saídas da tarde, que están previstas para as 16:00 e as 17:00 horas.

Unha actividade enmarcada dentro da programación da Festa do Choco que arranca mañá venres coa apertura dos postos de degustación instalados na carpa do Campo da feira ás 19:30 horas, a música da orquestra de saxos ás 20:00 horas e o Combo Dominicano a partir das 23:00 horas.

Punto violeta e horario de baixas emisión de ruído

Dende o Concello lembran tamén que a festa contará cun Punto Violeta os días 10 e 11 de maio en horario de 20:00 a 03:00 horas. Un servizo de información, sensibilización e prevención da violencia contra a muller dirixido a toda a poboación no que se  prestará atención, acollida, orientación, derivación e acompañamento ás persoas que o soliciten por ter sufrido unha situación de violencia.

Ademais, para favorecer a participación na festa das persoas con alta sensibilidade aos ruídos, establecerase un horario de baixas emisións na zona das atraccións. O venres día 10, de 18:00 a 19:00 horas, e o sábado e domingo en horario de mañá de 12:00 a 13:00 horas e pola tarde de 18:00 a 19:00 horas. Con este horario sen ruídos o Concello quere favorecer a inclusión e o goce dos nenos, nenas e adultos sensibles aos ruído para que poidan gozar tamén das atraccións ou do ambiente que rodea este tipo de celebracións con tranquilidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará