Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nerea Lago do CAR debuta na Liga Iberdrola de Primeira División

440332268_978698874259317_2031751697907005122_n

Esta fin de semana disputouse en Durango a segunda xornada da liga Iberdrola de Primeira División 2024, onde o equipo feminino da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, do que o CAR é filial, conseguiu o sétimo posto da clasificación xeral. Nerea Lago Pires formou parte por primeira vez na historia do club redondelán participando nas categorías de salto de altura e salto de lonxitude.

Nerea alcanzou os 1,50 metros en salto de altura e superou a súa marca persoal en salto de lonxitude cunha marca de 5,09. Sumou 6 puntos ao total de 338,5 acadados polas atletas no conxunto da competición. As súas compañeiras foron Antía Chamosa, Alba Nieto, María Ezquerro en lanzamento de disco, Lea Caride en 400 metros valas, Sabela Castelo en 3000 metros, Sabela Martínez en 1500, Lucía Ferrer en 100 metros valas e Andrea González en lanzamento de xavelina.

Ese sétimo posto na clasificación xeral sitúa ás atletas directamente na disputa polo título de Primeira División, onde se medirán con A.D. Marathon, Cornellá At., A.D. Sprint, Ría Ferrol-C.Arenal, CA Safor-Teika, Oviedo At e At. Feminino Celta. Cabe destacar que, coa Ximnástica, serán tres os equipos galegos que optarán ao título do mellor club feminino de primeira división este ano. A cita está programada para o 25 e 26 de maio en Castelló.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará