Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As “lebres de mar” chegan á praia de Cesantes

Lebres de mar

Os exemplares deste molusco sen cuncha apareceron mortos na pasada fin de semana na praia da Punta en Cesantes. Dende a concellería de Medio Ambiente explican que o cambio na temperatura do mar e os últimos temporais poden ser os causantes de que este animal de aspecto estraño, como se fora unha babosa mariña, acabara varando no noso litoral.

A edil Pilar Martinez engade que foi esta fin de semana cando se tivo coñecemento da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta, un molusco que xa se ten detectado noutras praias das rías galegas, pero do que se tivo constancia por primeira vez en Redondela esta fin de semana”. Trátase dunha especie totalmente inofensiva, que habita nas rías galegas, pero non é habitual a súa chegada aos areais. “Os temporais, con mar de fondo, e o aumento da temperatura da auga poden ser algunhas das causas que as desorientan e fan que cheguen á costa”, sinala a edil. Cando aparecen vivas entre as algas hai que procurar devolvelas ao mar, pero neste caso estaban todas mortas. Desde o Concello deuse aviso ao servizo de Costas da Xunta de Galicia, administración que ten a competencia para a retirada dos exemplares.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará