Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CR de Chapela triunfa na Bandeira Concello de Bueu de Traiñeiriñas

438108848_962527305878554_596262329943796533_n

Foto de MAChremo

Deu comezo a Liga Galega de Traiñeiriñas que celebrou a súa segunda regata este sábado 4 de maio en Bueu organizada polo Club do Mar Bueu Simei. Alí, o CR de Chapela conseguiu levar á casa as bandeiras masculina e feminina demostrando a forza dos remeiros e remeiras redondeláns.

O domingo 5 de maio a competición continuou no Peirao da Mosqueira en Moaña coa celebración da Bandeira SD Tirán de Traiñeiriñas, onde o CR de Chapela acadou a bandeira feminina, a masculina foi para o club anfitrión. Peores resultados acadou o CCD de Cesantes quedando en Tirán no oitavo posto no absoluto masculino e de sextos no absoluto feminino.

A seguinte proba da Liga de Traineriñas territorial sur celébrase o 11 e 12 de Maio en Meira, onde tamén está previsto o Campionato de España desta modalidade para o 25 e 26 deste mes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará