Hoxe é Venres 17 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela aberta, a Intelixencia Artificial ao servizo do deporte e a cultura

ia

Redondela vén de renovar o seu xeito de comunicarse coa cidadanía. Unha nova páxina web, unha app e, como principal novidade, a posibilidade de seguir as actividades deportivas que se desenvolvan nos pavillóns municipais a través da plataforma “Redondela aberta”. Son as tres ferramentas que permitirán aos cidadáns acceder a toda a información do Concello. Entre os novos servizos tamén se inclúe a “tarxeta cidadá” que permitirá reservar as pistas de padel e tenis ou mesmo mercar entradas para as actividades culturais.

Responsables dos diferentes clubes deportivos acudiron á presentación desta páxina web nun acto que contou coa presenza da alcaldesa, Digna Rivas, o concelleiro de Novas Tecnoloxías Antonio Cabaleiro, a responsable deste departamento, Olalla Casanova e máis o director de marketing de Cinfo, Héctor Parra.

Unha nova plataforma que está xa operativa e que inclúe como principal novidade o “Redondela Aberta”, unha retransmisión de eventos deportivos que é o produto estrela desta nova web e que o concelleiro de Novas Tecnoloxías definía como o “Netflix de Redondela”. Unha plataforma que permitirá seguir en directo as actividades deportivas que se realicen nos pavillóns da Bomboneira, A Marisma e o pavillón Manuel González Soto de Chapela. Eventos que se retransmitirán en directo e que quedarán tamén almacenados para o seu visionado en diferido.

Antonio Cabaleiro: o Netflix de Redondela

A Intelixencia Artificial xoga un papel fundamental neste sistema que permite, a través dunhas cámaras instaladas nos pavillóns, recoñecer o deporte, identificar os xogadores e seguir a pelota “facendo unha emisión do partido non a través dun plano fixo senón seguindo a evolución do xogo”. Unha retransmisión que favorece unha maior visibilidade do deporte e tamén a posibilidade de que os clubes se beneficien cun maior rendemento publicitario, segundo explicaba Héctor Parra

Héctor Parra, Cinfa

Dende o departamento de Novas Tecnoloxías salientaban que a nova plataforma facilitará a información do concello a partir de tres ferramentas principais: web, aplicación e a plataforma Redondela Aberta, que busca dar resposta a unha demanda dos propios clubes. Insistía en todo caso, que o obxectivo é dotala de máis contidos de cara ao futuro.

Olalla Casanova, Novas tecnoloxías

Antonio Cabaleiro salientaba tamén as vantaxes da “tarxeta cidadán” que permitirá xestionar o uso das pistas de padel e tenis dende a App, para facilitar o acceso a este servizo dun xeito máis doado, ou mesmo participar en enquisas que se realicen dende o concello ou a reserva e compra de entradas de eventos que se realicen nos Multiúsos.

Antonio Cabaleiro, Tarxeta cidadán

 A alcaldesa falaba dun proxecto que arranca coa intención de ir medrando e que busca “facilitar a comunicación coa cidadanía, avanzar na transparencia e estar á altura das novas tecnoloxías que merece Redondela”. Adiantaba que o Redondela aberta, que comeza con retransmisións deportivas, incrementará os seus contidos para dar cabida tamén ás festas e tradicións locais.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. A app non hai para Google play, así que polo de agora a xente de android non pode instálala a app.

    E unha lavada de cara, hai cousas que as manteñen igual, non fixeron nada para unificar, por exemplo o mapa de fontes segue sendo un mapa de Maps.google. Os formularios seguen sendo pdfs, sen poder facela inscripción de forma automática ao rexistrarte. Etc. Penso que mais cedo que tarde, vai petar, ao tempo.

    Iso si, cambio de cor a un vermello PSOE, que se note quen goberna.

    Indagáchedes algo desde Radio Redondela da denuncia do PP sobre a contratación da paxina web?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará