Hoxe é Martes 21 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gael Couñago Romasanta do CAR ouro no Campionato Galego Absoluto de Clubs

WhatsApp Image 2024-04-30 at 11.07.12

O XXXVI Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Clubs Absoluto celebrouse esta fin de semana en Ourense, na Pista de Atletismo “Josefina Salgado” do Complexo Deportivo de Monterrei. Na categoría de Salto de Altura masculina a Sociedade Ximnástica de Pontevedra convocou para participar ao atleta do CAR Gael Couñago Romasanta quen conseguiu o primeiro posto e superou a súa marca persoal.

Gael é categoría sub18, pero grazas as súas marcas persoais nas competicións galegas e estatais puido clasificarse para participar no Campionato Galego Absoluto Individual de Pista Cuberta celebrado en xaneiro no que acadou a medalla de prata. Este resultado deulle a oportunidade de participar agora coa Sociedade Ximnástica de Pontevedra no Absoluto de Clubs.

O atleta redondelán fixo unha marca de 1,84 metros en salto de altura, superando a súa marca persoal anterior de 1,82 e conseguindo o máximo de puntos no total da proba que corresponde a 9. Acadou o primeiro posto con dous puntos de diferenza entre o segundo, que foi concedido a Adrián Pastoriza García do Club de Atletismo Sada cun 7 no total.

Dende a directiva expresan a súa satisfacción pola convocatoria , porque é “un luxo que conten con el nun campionato desta envergadura e sendo tan novo”. A día de hoxe a Sociedade Ximnástica de Pontevedra está considerado como o mellor club de Galicia e “é  unha honra ser os seus filiais e que convoquen a un atleta do CAR para ir con eles a unha competición absoluta”. Gael foi o único atleta masculino convocado polo club pontevedrés e esta era a primeira vez que o CAR participaba nesta competición na categoría absoluta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará