Hoxe é Martes 21 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha persoa investigada polos actos vandálicos nos parques infantís de Redondela

Balancín Parque

A Policía Nacional entregou nas últimas horas ao concello varios elementos dun balancín roto do Parque da Xunqueira e que lle foron incautados a unha persoa que está a ser investigada como posible autora dos actos vandálicos cometidos neste parque.

A investigación continúa logo de que a concellería de Parques e Xardíns denunciara na Policía Nacional varios actos de vandalismo en parques infantís do municipio. Un deles foi no parque do paseo da Xunqueira, ao carón do Xulgado, onde apareceu roto un balancín dobre. Operarios  municipais precintaron o xogo e retiraron as partes rotas do elemento, para evitar posibles danos entre os cativos. Tamén se rexistraron actos vandálicos no parque infantil da praia da Punta, en Cesantes, onde apareceron rotos tres módulos de xogos que xa se están a reparar.

No caso do parque da Xunqueira, a Policía Nacional entregou no Concello varios elementos deste xogo que lle foron incautados a unha persoa que está a ser investigada. A súa reparación ascende a uns 200 euros.

Desde o goberno local lamentan que este tipo de actos vandálicos se estean a producir de xeito recorrente “xa que estas reparacións supoñen un gasto importante para as arcas municipais ademais do prexuizo para nenos e nenas que se ven privados destes xogos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará