Hoxe é Xoves 16 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior impulsa a segunda fase do “Transporte a demanda”

soutomaior

O goberno local salienta o éxito da súa implantación e incrementa nesta nova fase a poboación que poderá ter acceso a este servizo que busca facilitar a mobilidade entre as súas parroquias para que determinados colectivos poidan realizar trámites na Casa do Concello, no Centro de Benestar Integrado ou achegarse ao centro de saúde de Arcade.

Na primeira fase, os colectivos beneficiarios foron as persoas usuarias de servizos sociais, persoas en risco de exclusión social, persoas maiores e todas aquelas persoas con necesidades de transporte específicas. Nesta segunda fase súmanse todos os veciños e veciñas do concello maiores de 65 anos e aquelas persoas con problemas de mobilidade acreditables. Tantos uns como outros tamén poderán facer uso deste servizo para achegarse ás dependencias municipais ou para acudir ao centro de saúde de Arcade.

As persoas interesadas deberán tramitar o servizo directamente polos Servizos Sociais do Concello, cuxas traballadoras se encargarán de xestionar todo o procedemento.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “o transporte a demanda impulsado polo goberno demostrou ser un éxito. Nestes primeiros meses de implantación foron moitos os veciños e veciñas que se beneficiaron deste servizo, e agora, con esta segunda fase, van a ser moitos máis os que se beneficien, construíndo un Soutomaior máis amable, próximo e no que non deixamos a ninguén atrás”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará