Hoxe é Mércores 15 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As remeiras absolutas do CR de Chapela campioas de España de Bateis

440408405_957572573040694_772989166676768698_n

O Campionato de España de Bateis celebrouse esta fin de semana na Pobra do Caramiñal onde o Club de Remo de Chapela acadou 3 postos no podio. Dúas xornadas que coroaron á canteira de Chapela. Sobre todo á súa embarcación absoluta feminina, que pechou un círculo de éxitos despois de revalidar o título territorial e lograr, a semana anterior, o título de campioas galegas. As remeiras recolleron a bandeira e proclamáronse campioas de España de Bateis.

A tripulación “de ouro” feminina sénior estivo formada por Verónica Montes, Noa Viaño, Marina e Antía Domínguez Rodríguez e con Asier Pino como patrón. Destacou tamén a embarcación Xuvenil Masculina formada por Hugo Domínguez, Pedro Sousa, Juan Carlos Santorio, Manuel Videira e Asier Pino de patrón quenes tamén ondearon a bandeira . O equipo Absoluto Masculino subiuse ao podio cun bronce, sendo superado por Cabo da Cruz.

Na súa volta a Redondela o Club de Remo de Chapela celebrou os éxitos colleitados cunha acollida polos familiares e afección na Alameda de Rosalía de Castro.

Falando dos resultados xerais das embarcacións galegas na competición, neste LXXXI Campionato de España de Bateis os equipos galegos participantes reafirmaron a súa forza no circuíto estatal. Conquistaron nas finais celebradas onte sete bandeiras de campións dos dez títulos posibles, tres títulos nas categorías femininas e catro nas masculinas. As restantes bandeiras foron para os equipos vascos de Santurce, Isuntza e Koxtape.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BATEIS 2024 BANDEIRAS

  • ABSOLUTO M – CR Cabo de Cruz
  • XUVENIL M – CR Chapela
  • CADETE M – Itsasoko Ama
  • INFANTIL M – CR Mecos
  • ALEVÍN M – CR Vila de Cangas
  • ABSOLUTO F – CR Chapela
  • XUVENIL F – CR Robaleira
  • CADETE F – Pasai Donibane Koxtape
  • INFANTIL F – CR Cabo de Cruz
  • ALEVÍN F – Isuntza Arraun Elkartea

*Trofeo Iberdrola para CR Cabo de Cruz

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará