Hoxe é Xoves 16 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un lume provocado calcina un vehículo en Chapela

lume

Os feitos producíanse na madrugada de hoxe no camiño do Gaio na parroquia de Chapela. Alertados polo 112 Galicia desprazáronse ao lugar axentes da Policía Local e a Policía Nacional atopándose un vehículo envolto en lapas.

Os axentes atoparon tamén nas inmediacións –a poucos metros do vehículo-  as chaves do mesmo así como material empregado para prender lume que confirmaría a intencionalidade do incendio. A investigación quedou en mans da Policía Nacional. Foi necesaria a intervención dos Bombeiros do Baixo Miño para sufocar as lapas que deixaron o vehículos completamente calcinado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará