Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Meirande reabre as súas portas

meirande

O centro de interpretación da batalla de Rande retoma a súa actividade logo de varios meses pechado ao público. A partir de hoxe martes reabre as súas portas con atención de martes a domingo en horario de 11:00 a 14:00 horas e polas tardes de 15:30 a 19:00 horas. A contratación de persoal permite tamén a apertura da oficina de turismo, que atende ao público en horario de 11:00 a 14:30 pola mañá e de 16:00 a 19:00 horas pola tarde.

A chegada do bo tempo e a proximidade de diferentes eventos culturais e festivos así como o incremento de turistas e peregrinos a partir do mes de maio, marca tamén a reapertura de servizos como a oficina de turismo e o Meirande. A concelleira responsable, Rita Pérez asegura que “son moitos os peregrinos que nos visitan xa na primavera, e no mes de maio temos unha afluencia masiva de público a Redondela coa celebración das diferentes festas. Coa apertura da Oficia de Turismo poderemos brindar información de interese para toda esa xente que nos visita, e ofrecémoslle tamén a oportunidade de coñecer o museo Meirande”.

Tamén no vindeiro mes está previsto retomar as visitas guiadas “A vila pola tardiña”, que como en edicións anteriores manteranse os luns co obxecto de dar a coñecer –a través das explicacións do persoal de turismo e cun percorrido polo centro da vila- o patrimonio histórico, cultural e arquitectónico de Redondela. Tamén en maio comezará a funcionar o tren turístico, que conecta a diario o centro da vila coa praia de Cesantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará