Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A III Feira do Libro de Soutomaior arranca con “Memorias dun neno labrego” de Cándido Pazó

Silvia Cernadas e Manu Lourenzo 04 (1)

A programación do Concello co gallo da III Feira do Libro ofrece tres días de actividades que se prolongarán durante a fin de semana na Alameda de Talo Río e na casa do Pobo do Val Sobral. A primeira das propostas será hoxe martes 23 ás 20:30 horas, xornada na que se celebra o día do libro e que a Biblioteca Municipal Luís Seoane conmemora co espectáculo “Memorias dun neno labrego” dirixido e protagonizado por Cándido Pazó con entrada de balde ata completar o aforo.

Con todo, o groso das actividades desenvolveranse na fin de semana. O día 27 na Alameda de Talo Río con actividades dende as dez da mañá ata as nove da noite baixo unha carpa que acollerá os diferente estands divididos por temáticas: Espazo Editorial cun total de sete editoriais do país, o Espazo Lector con charlas, coloquios e presentacións literarias, o Espazo Enreda con xogos e actividades de dinamización da Feira, o Espazo Escenario onde terán lugar os espectáculos e o Espazo Artístico ‘00’ onde botar a voar a creatividade.

Unha feira pola que pasarán numerosos espectáculos. Así o sábado pasará por Talo Río ‘A libraría máxica´de Bea Campos e Marcos Alonso, ´Travesías. Aventuras de libro´ de Raquel Queizás ou ‘As máis molonas de Pakolas´ de Paco Pakolas.

No tocante á presentación de libros estará a de Masha Álvarez coa presentación do seu libro ‘Dakota’, a charla coloquio ‘Mulleres galegas que fan historia’ de Isabel Blanco, a presentación da ‘Banda deseñada cando sopra o vento’ de Kiko Dasilva e a presentación do libro ‘Pedro, o piloto de gaivotas’ do escritor Manuel Darriba e a ilustradora Aida Alonso. Non faltará a esta cita Pepe Carreiro con ‘Universo Bolechas’ e a presentación da memoria gráfica de ‘Memorias dun neno labrego’ de Iria Aldegunde.

Xa na xornada do domingo o escenario da mañá continuará sendo Talo Río con varias citas entre as que destaca unha charla coloquio sobre a lingua galega ou unha sesión vermú protagonizada por ‘Covers Lovers’ e pola tarde a Feira do Libro chegará por primeira vez a casa do pobo do Val Sobral coas actividades, xogos e contacontos de Bibliofogar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará