Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca a programación escolar no Festival de Curtas Andaina

andaina

Máis de 1500 rapaces e rapazas dos centros educativos de Redondela e bisbarra participan ao longo desta semana da programación escolar enmarcada dentro do Festival de Curtas Andaina. Un festival que arrancaba onte coa proxección de Campeonex que contou ademais coa presenza no Multiúsos dunha das súas protagonistas, Gloria Ramos quen conversou co público xunto coa coaching e tamén actriz da película, Aida M Villar.
As dúas actrices que tamén hoxe trasladaron ao público as súas experiencias tanto da rodaxe coma no longo percorrido que levan feito de presentación da película en diferentes escenarios de todo o pais. Gloria, que na primeira longametraxe de Campeones fora nominada os premios Goya como mellor actriz revelación, relatou as súas vivencias co equipo da película así como os diferentes traballos que leva realizado no medio audiovisual e no teatro. Pola súa banda, Aida relatou o excelente traballo realizado por todos os actores, que o longo de tres meses e con xornadas de ata 12 horas de gravación, levaron a cabo nos diferentes escenarios de gravación.
O resultado da película, unha vez máis, emocionou o público asistente, que salientou que traballos coma este son moi necesarios para eliminar estigmas incrustados na nosa sociedade.
O festival continua durante toda a semana, comezando este luns os pases escolares con curtametraxes adaptados as idades dos asistentes e acompañados de charlas e actividades inclusivas. Unhas charlas nas que tamén estiveron presentes Gloria e Aida para conversar neste caso cos rapaces e rapazas dos centros educativos que se achegaron ao Multiúsos.
O martes será a quenda do deporte adaptado coa II edición do torneo Andaina, nesta ocasión na modalidade de Baloncesto e no que participarán os equipos do Celta Integra, Saladino Cortizo, Asociación Aspavi e Asociación Andaina.
Xa na fin de semana terán lugar os pases das curtametraxes a concurso que na xornada do sábado contarán ademais co concerto de Cantatorrella.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará