Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O duelo contra o Valladares remata en derrota para o Choco

WhatsApp Image 2024-04-15 at 14.18.26 (1)

O domingo os equipos locais desprazáronse para xogar fóra da casa con distintos resultados que deixa 3 derrotas e unha vitoria para os equipos da contorna. Concretamente o CD Choco tiña un partido decisivo que tivo un desenlzace desfavorable. Enfrontouse a un duelo co seu rival directo contra o que se xogaban o terceiro posto. A alegría da xornada deuna o CD Soutomaior que vencía ao Monteporreiro e mantense na zona de ascenso.

PREFERENTE

CD Valladares – CD Choco (3-0)

Esta fin de semana o CD Choco desprazouse ata o Campo da Gándara para enfrontarse por segunda vez ao CD Valladares,  a quenes venceran na casa e arrebataran o terceiro posto na clasificación xeral. Os rivais impuxéronse no seu terreo, onde venceron de forma ampla e recuperaron o seu terceiro posto. Desta forma, o CD Choco volve  a ser o cuarto do grupo con  50 puntos e a só dous puntos do Valladares.

Quedan 4 xornadas para acabar a liga e os de Tizón, coa permanencia asegurada, tentarán seguir sumando puntos para alcanzar o podio. A próxima xornada, domingo próximo domingo 28 de abril, reciben ao Atlético Arnoia. Este equipo atópase no medio da táboa e pode ser un partido sinxelo para os de Redondela se aproveitan a oportunidade para sumar outros tres puntos e volver á terceira praza.

PRIMEIRA GALICIA

Racing de Castrelos – C.D. Arcade  (5-0)

Derrota tamén para o Arcade. Os de Vázquez visitaron ao Racing de cástrelos, nun partido decisivo na recta final da liga que os sitúa agora de décimo segundos con 39 puntos e que permitiu os vigueses escalar un posto ata a quinta posición.   O próximo domingo reciben ao  San Martin C.F. , segundos do grupo e rival forte en zona de ascenso.

SEGUNDA GALICIA

SD Monteporreiro – CD Soutomaior (1-2)

O CD Soutomaior continúa en boa racha e ofrece a alegría da xornada.  Vence na súa visita ao Monteporreiro e mantense na zona de ascenso. Situado no terceiro posto e empatado a 58 puntos contra o Unión Dena CF tentará arrebatarlle o segundo posto a próxima xornada. O seguinte domingo 28 de abril hai outro duelo decisivo que podería asegurar o ascenso ao Soutomaior.

C.D. Cesantes – Campaño SD (2-3)

Na mesma liga, o CD Cesantes, continúa de pechacancelas do grupo despois de perder na casa contra o Campaño. Sitúase perigosamente na Zzona de descenso con18 puntos. O próximo domingo visitan ao Bueu.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará