Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR imponse na Final Four en Carballo e loitará polo ascenso a Primeira Nacional

sar final

A Sar Opmobility logrou imporse o sábado ao Magope Seis do Nadal de Coia por 29-34. Unha vitoria que os levou a enfrontarse na final ao Grove Rasoeiro, partido que se saldou tamén a favor dos de Redondela. A SAR logra así a clasificación para a Fase de Ascenso a primeira nacional que se celebrará a mediados de maio.

A vitoria por 23-26 ante o Rasoeiro permítelle a SAR soñar co seu ascenso a Primeira nacional. O primeiro dos encontros disputados en Carballo nesta Final 4 de 1ª Autonómica Masculina enfrentou ao equipo de Redondela co Magope Seis do Nadal Coia, que non foi quen de imporse aos mozos de Manolón que amosaron no campo unha gran intensidade defensiva e as ideas moi claras no ataque. Finalmente, un 29-34 a favor do equipo de Redondela, que os levaba a xogar contra O Grove Paraíso Rasoeiro, partido no que repetían vitoria por 23-26.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará