Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Normalización Lingüística achega o cine galego a Redondela

ocorno

O Corno será a película encargada de inaugurar o ciclo de Normalización

O ciclo, que se desenvolverá nos meses de maio e xuño no Multiúsos da Xunqueira, contempla a proxección de catro longametraxes galardoadas en certames nacionais e internacionais como “O Corno”, “Sica”, “As bestas” e “Os días afogados”. As entradas están xa á venda no Multiúsos da Xunqueira a un prezo de 2 euros para cada película. Pode mercarse un bono para asistir a todos os pases por 5 euros.

O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela organiza este ciclo que busca “ofrecer á veciñanza unha alternativa de ocio e cultura, ao tempo que pon en valor a calidade do cine feito en Galicia e en galego” en palabras da alcaldesa Digna Rivas, responsable deste departamento.

A primeira das citas será o venres 3 de maio con “O corno”, unha película de Jaione Camborda protagonizada por Janet Novás e gañadora da Cuncha de Ouro a mellor película e do Goya a mellor actriz revelación. Ambientada na Illa de Arousa dos anos 70, conta a historia de María, mariscadora e parteira que, tras un suceso inesperado, vese obrigada a fuxir e emprende unha perigosa viaxe na que terá que loitar pola súa supervivencia. En busca da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabandistas entre Galicia e Portugal. Proxectarase ás 20.00 horas.

A segunda das propostas é “Sica”, dirixida por Carla Subirana e protagonizada por Thais García e Nuria Prims e proxectarase o día 10 de maio. No mes de xuño o ciclo continuará coa multipremiada “As bestas”, cinta de Rodrigo Sorogoyen na que se relata a historia de Antoine e Olga, unha parella francesa que se instalada nunha aldea do interior de Galicia. A longametraxe poderá verse o 15 de xuño ás 20.30 horas. O ciclo pecharase co documental “Os días afogados”, de César Souto Vilanova e Luís Avilés o día 22 de xuño ás 20.30 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará