Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As remeiras do CR Chapela campioas galegas de bateis

2024042209211937593

Foto de Remeirando

O Campionato Galego de Bateis disputouse esta fin de semana na Pobra do Caramiñal organizado pola Federación Galega de Remo e o Club de Remo Puebla. O CR de Chapela conseguiu acadar 5 medallas e unha bandeira. Destaca o ouro e a bandeira que levaron a casa as remeiras do absoluto e a prata alzancada polo abbsoluto masculino que quedou a 10 segundos de ser campións da súa categoría.

Ademais, levaron a prata na categoría xuvenil masculina o broce na categoría Sub 23 feminina e tamén na cadete masculina. Cabe destacar o quinto posto das xuvenís que melloran cada día e pisan con forza.

O CR de Chapela acumula esta temapda 5 bandeiras do campionato territorial e 4 bandeiras na Liga Galega de Bateis.  A liga galega culminarán co Campionato de España de Bateis, os días 27 e 28 de abril con sede na Pobra do Caramiñal, con motivo do 45 aniversario do club anfitrión CR de Puebla. De Chapela participan 4 embarcacións: sénior masculino, xuvenil masculino, Sub23 feminino e cadete masculi.

Resultado Sénior Femenina

  1. Chapela: 9:52
  2.  Mecos: 10:10
  3.  Cabo da Cruz: 10:11
  4.  Mugardos: 10:18, 5
  5. Puebla: 10:23

Resultado Sénior Masculino

  1. Cabo da Cruz: 8:49
  2.  Chapela: 8:50
  3.  Vilaxoan: 8:53.16
  4. Tiran: 8:53.53
  5. Ares: 9:04
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará