Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Artelixo despídese con música, obradoiros e unha charla a cargo de Carlos Taibo

lenda

As preto de cen obras que participan na edición deste ano continúan en rúas, prazas e escaparates nunha edición centrada na contaminación que provoca a industria téxtil. O programa deste ano despedirase cunha cita moi especial, unha colaboración co Millo Verde onde a música será a protagonista sen esquecer os obradoiros orientadas aos máis cativos que terán lugar este sábado na antiga Feira do gando. Hoxe venres a cita volve ser coa intervención de Andreia Costas na Casa da Torre e a charla a cargo de Carlos Taibo ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.

O profesor Carlos Taibo chega co libro “Ecofascismo” no que aborda a cara oculta do falso ecoloxismo nunha palestra que encaixa co espírito reivindicativo e crítico do festival.

Fran Álvarez, Artelixo

Tamén hoxe e mañá poderase ver a escultura viva de Andreia Costas “Adeus ríos, adeus fontes”, unha intervención artística viva de denuncia medioambiental contra uso da auga doce na industria  téxtil “exposta” no fachada da Casa da Torre en horario de tarde de 17:30 a 19:00 horas.

E xa mañá terá lugar a xornada de clausura con dúas citas para todas as idades. O Sonalixo como sempre centrado na música, cun palco ambientado e sonorizado de micros abertos, onde quen queira pode apuntarse. En paralelo terá lugar o obraLixo, un espazo de xogos para cativas (e non tanto) no que este ano se realizarán actividades con camisolas recicladas, transformándoas noutros obxectos artísticos, decorativos e útiles.

Como novidade nesta ocasión, o Artelixo vai da man nesta xornada de clausura cos organizadores do Festival Alternativo Millo Verde. Así unha vez rematadas as actividades da tarde, arrancará concurso de Maquetas, no que se dan cita as bandas Archivo Adxunto e  Seitura.

Dende a organización Fran Álvarez valora moi positivamente a elevada e variada participación deste ano con obras tamén de denuncia e reflexión en torno a Palestina como as que se poden ver tanto na praza de Lenda como  na rúa Alfonso XII.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará