Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Illa de San Simón acolle unha edición de ouro do Conecta Lab

Sin título (600 x 315 px)

Este mércores na lonxa de Cesantes e con vistas a San Simón e San Antón tivo lugar a presentación do Conecta Lab 2024 onde estiveron presentes os representantes da Deputación de Pontevedra, CREA (Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización), AGADIC e a Xunta que cooperan na execución deste laboratorio desenvolto no pequeno arquipélago redondelá. A residencia artística de 10 días, comeza esta fin de semana o sábado 20 e remata o 29 de abril, acollendo a 6 creadores galegos e internacionais. O proxecto forma parte dun programa global chamado “Conecta” e que ten o obxectivo de impulsar e acompañar o proceso de creación, escritura e desenvolvemento de longametraxes e series dos creadores audiovisuais seleccionados para participar. 

O presidente de CREA, Fon Cortizo, destacou que Conecta Lab tenta “tecer unha rede para axudar aos cineastas galegos a desenvolver os seus proxectos” con normas para inscrición nas que se prioriza a creadores galegos e que este ano ten un 60% de participación da nosa terra e un 40% do estranxeiro. Bromeaba na súa intervención co misterio do ouro afundido na enseada e “aseguraba que haberá ouro durante a estancia na Illa” pola participación como docentes de numerosos cineastas con premios internacionais. Concretamente estarán Laura Ferrés, gañadora da Espiga de Ouro do Festival de  Valladolid;  Jaione Camborda , a primeira española en gañar a Cuncha de Ouro do festival de San Sebastián; Isaki Lacuesta gañador da Biznaga de Ouro do festival de Málaga; Daniel Castro director da galardoada ‘Ilusión’; Chema García Ibarra preseleccionado para os premios Óscar ; os Goya e Rocío Mesa, cineasta granadina que triunfa en Hollywood tras lograr o premio do público no Festival de Austin; Diego San José, guionista de ‘Ocho apellidos vascos”; Pilar Palomero gañadora dos Goya con ‘Las Niñas’ e Mónica Bernuy directora de arte de ‘Verano 1993’ de Carla Simón.

Fon Cortizo, director de CREA.

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, destacou o compromiso do goberno provincial cos creadores que participan no Conecta Lab.  “Estamos nun momento doce no audiovisual, con máis de 200 propostas para participar neste proxecto. Unha mostra do gran talento que temos no audiovisual e tamén da nosa riqueza cultural e natural”, sinalou o presidente sobre o que significa a posta en marcha deste tipo de accións artísticas.

Luís López, presidente da Deputación de Pontevedra.

Cortizo resaltaba a importancia da Illa de San Simón como “un atractivo moi importante para o desenvolvemento do proxecto e a necesidade de dar impulso aos creadores galegos”. O dirixente provincial recoñeceu que   “a illa de San Simón é un marco excepcional e o demostran as máis de 200 inscricións”, comparando a riqueza histórica deste arquipélago coa finalidade do cinema, que é contar historias.

Fon Cortizo, director de CREA.

Entre os 6 residentes escollidos, despois dunha selección exhaustiva e minuciosa, atópanse os a viguesa Sara Traba, que participa con `As Cárcavas’; Berio Muíño da Fonsagrada, que participará con ’As Aspas’;  Patricia Echeverría de Madrid, que chegará a San Simón con “Wolfgame”; e Mariña Rubiés de Lleida, que participará con ‘Aniagua’.  O último proxecto en desvelarse foi elixido entre os 22 participantes na novena xornada Conecta+ na sede da Deputación en Vigo. Este é o proxecto do estradense Samuel Lema, do castellonenco Jorge Navarro e da madrileña Elena Martínez. Este grupo participará con “Viven á beira”, unha serie centrada nunha urbanización de luxo.

“Conecta” conta cun orzamento total para as súas dúas edicións de 268.000 euros. A Deputación achega un total de 130.000 euros, dos que 91.400 proceden dunha axuda de fondos europeos e 42.500 euros de fondos propios. A cantidade restante achégaa CREA.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará