Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local reclama a Medio Rural que se faga cargo da limpeza e tala da masa forestal de Río Frío

río frío

Os veciños desta zona de Chapela denunciaran o risco de incendio que afecta as súas vivendas pola existencia de árbores pegados aos muros das súas propiedades e instaban ao  Concello a actuar para subsanar a situación. O goberno local responde que carece de medios para asumir a limpeza das 20 parcelas das que non se coñece o propietario e insta á Xunta a que se faga cargo da limpeza e tala das zonas próximas ás vivendas.

Esta mesma semana os veciños de Río Frío denunciaban o risco de incendio existente na  zona pola elevada masa forestal pegada as súas casas, con árbores de ata 15 e 20 metros de alturas pegados a zona residencial o que lles fai temer que se poida producir un incendio sobre todo coa chegada do calor. Instaban ao concello a que reclamara aos proietarios desas fincas a que procederan a talar as árbores para crear unha franxa de protección e que, no caso de non atopar aos titulares desas leiras, que fora o propio concello quen procedese á execución subsdiaria, facendo esa tala e repercutindo os custes aos propietarios.

Unha actuación que o goberno local descarta realizar ante a falta de medios e reclama que sexa a Xunta de Galicia quen asuma eses traballos. Explica a concelleira Pilar Martínez que o Concello “non conta con medios materiais e persoais para asumir todas as execucións subsidiarias dunhas 20 parcelas das que non se coñece propietario, polo que en base á Lei de prevención de incendios forestais de Galicia tramitamos un novo expediente”.

Engade que ao abeiro do convenio de colaboración que ten subscrito o Concello coa Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA (Servizos Agrarios Galegos) “solicitarase que sexa a administración autonómica a que se faga cargo da limpeza nas zonas de arboredo de Río Frío, xa que o Concello non ten capacidade para facelo” e lembra que en febreiro “xa se informou aos veciños afectados de cal é a situación e os trámites que se están a realizar ante a Xunta de Galicia”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará